• Ir ao contido
  • Ir á navegación principal e á identificación

Ver busca navegación

Navegación

Buscar

  • O arraiano
  • Urbi et orbi
  • Apostillas
  • Publicacións
  • Multimedia
  • Guía de uso
Vostede está aquí: Home

O sitio

  • Inicio
  • Artigos
  • Ligazóns
  • Contacto

gecos cadro

 

logo ForoOBC

Xoán Hermida

Historiador e Doutor en Xestión Pública.

Activista Social. Foi membro do Consello Confederal da CXTG, fundador e director da ong Amarante Setem e membro do Consello do Foro Social Galego. Secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia. Coordinou Espazo Ecosocialista. Actualmente dirixe o Foro OBenComún.

Analista político. Colabora en diferentes medios. Mantén unha colaboración habitual en InfoLibre. Foi socio fundador de Atlántica de Comunicacións S.L. e membro do Consello de redacción de Altermundo.

Con varios obras de autor e colectivas cabe destacar a triloxía editada sobre a nova política en Galicia: [Re]construír a esquerda nacional (OBenComún, 2013); Galicia no labirinto da nova política (Galaxia, 2018) e A saída da encrucillada (OBenComún, 2021).

pdfCurriculum Xoán Hermida

Seguen sen entender nada

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Mércores, 06 Agosto 2014 20:08

images

Xoán Hermida

A estas alturas do ciclo político que estamos a vivir, xa soamente os membros do que poderiamos chamar esquerda «conservadora», ben porque queren reter privilexios ou ben porque o seu universo ideolóxico esta moi comprimido, negan que asistamos ao nacemento dun novo marco no que as vellas receitas xa non serven.

Habitamos, sen dúbida, novos tempos políticos que esixen unha maior participación cidadá, un novo xeito de entender a política radicada nas demandas reais da xente, no ben común.

O movemento do 15M, a crise da política clásica, a irrupción de AGE, as Marchas da Dignidade ou o xurdimento de Podemos son capítulos dese mesmo marco de cambio ligado ao esgotamento dun modelo político que concibe a democracia como instrumento dunhas relacións de poder ilexítimas, e que agora abre unha nova etapa na que democracia empeza a ser entendida como unha expresión complexa de carácter cívico e cultural.

Por todas partes fálase da necesaria «nova política» e da necesidade de soterrar a vella. Pero alén de declaracións de intencións ou novos léxicos, cómpre comezar a definir con claridade que entendemos cando falamos de «nova política» se queremos saber por onde debe transitar a «nova esquerda».

Ler máis...

Canto de ampla debe ser a fronte ampla ?

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Domingo, 16 Febreiro 2014 20:59

El-camarote-de-los-Hermanos-Marx

Xoán Hermida

Canto de ampla debe ser a fronte ampla ?. Esta debería ser a cuestión a resolver para non errar nos límites e obxectivos que debe ter un instrumento antisistémico (no senso anticapitalista, non noutros) para un episodio constituínte (nas dimensións nacional, estatal e mais europea) no que estamos.

Imos deixar nunha banda as terminoloxías para non acabar nun debate hermenéutico metapolítico que non nos conduza a ningures. Unidade da esquerda, unidade nacionalista, unidade popular, unidade nacional, unidade democrática...

Por preferir, prefiro unha mestura das dúas últimas, unidade nacional e democrática, porque enlazan de xeito máis claro o substrato no que se resolven as contradicións e o nó gordiano das mesmas, pero en todo caso si que poderemos poñernos de acordo nos suxeitos políticos e sociais concernidos.

Ler máis...

Sumas que restan

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Mércores, 22 Xaneiro 2014 23:27

masmadera



Xoán Hermida

Nas últimas cinco eleccións habidas non repetín ni unha soa vez a mesma papeleta. Pode parecer unha consecuencia, dun desequilibrio persoal, pero no fondo tratase de un diagnostico, dunha doenza colectiva.

O diagnostico chamase crise da esquerda política e a súa cura pasa pola renovación e a converxencia da que emerxan novos instrumentos políticos.

Agora ben, a doenza ten outras complicacións asociadas cuxa presenza poden impedir a recuperación: infantilismo, sectarismo, personalismo, fanatismo, …

O capital político en democracia o dan os votos. Os votos din que IU e as súas federacións son o contenedor máis importante de recepción de votos na esquerda e polo tanto o necesario vertebrador dunha alternativa global; que existe unha realidade plurinacional que fai que estean presentes forzas como ERC, Sortu ou BNG necesarias; que as propostas renovadoras como ICV, Chunta, Compromis ou MES ocupan un espazo central nas súas comunidades. E que cando existen formulas unitarias coa combinación dos anteriores elementos - unidade, transversalidade, renovación- o resultado supera as expectativas (AGE).

Ler máis...

Dereito a decidir todo

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Venres, 10 Xaneiro 2014 16:08

dereito a decidir todo

 

Xoán Hermida

Nunha recente peza xornalística marabillosa publicada en La Vanguardia, Anxo Lugilde entrevistaba a un dos nosos escasos sabios locais, Xoán López Facal , e este afirmaba “Catalunya é Catalunya e Galicia é Galicia. Nos envexamos a Catalunya politicamente e pola forza da súa sociedade civil. Aquí temos un ambiente cutre".

É verdade que sabendo moi ben coma di Facal Galicia é Galicia e polo tanto non serven (non serviron nunca) mimetismos, hoxe a esquerda galega mira con ollos de envexa e esperanza a Catalunya. Pero non sempre foi así, senón máis ben todo o contrario.

Se exceptuamos a corrente cultural 'italianista' do nacionalismo de esquerda democrático que representou no seu momento Esquerda Galega, a practica totalidade do nacionalismo galego sempre foi máis admirador do modelo vasco que o catalán.

Ler máis...

Máis artigos

  1. Pedir desculpas e cambiar de partituras
  2. A Unión Europea, a Zona Euro, a Fronte Ampla e AGE
  3. De AVE's, ladrillo e caixas
  4. Democracia orgánica e desafección política
  5. Eu son soberanista ... e agora que?
  6. No poboado do Vao viven persoas

Páxina 9 de 15

  • Comezo
  • Prev
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • Seguinte
  • Fin

Feito por Joomla!®