• Ir ao contido
  • Ir á navegación principal e á identificación

Ver busca navegación

Navegación

Buscar

  • O arraiano
  • Urbi et orbi
  • Apostillas
  • Publicacións
  • Artigos
  • Multimedia
  • Guía de uso
Vostede está aquí: Home

O sitio

  • Inicio
  • Artigos
  • Ligazóns
  • Contacto

gecos cadro

 

logo ForoOBC

Xoán Hermida

Historiador e Doutor en Xestión Pública.

Analista político. Director do Foro OBenComún. Foi membro do Consello Confederal da CXTG, fundador e director da ong Amarante Setem e membro do Consello do Foro Social Galego. Secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia. Coordinou Espazo Ecosocialista.

Colabora en diferentes medios. Mantén unha colaboración habitual en InfoLibre. Foi socio fundador de Atlántica de Comunicacións S.L. e membro do Consello de redacción de Altermundo.

Con varios obras de autor e colectivas cabe destacar a triloxía editada sobre a nova política en Galicia: [Re]construír a esquerda nacional (OBenComún, 2013); Galicia no labirinto da nova política (Galaxia, 2018) e A saída da encrucillada (OBenComún, 2021).

pdfCurriculum_Xoan_Hermida

Necesitamos máis esquerda renovadora para saír do ‘Cul de Sac’

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Domingo, 17 Xuño 2012 13:07

welcome-callejon-sin-salida

 

Xoán Hermida

Cando se viven tempos nos que hai que reivindicar o obvio, que difícil resulta introducir ademais modernas formas de pensamento, novas linguaxes e novos xeitos de facer política.

Pois ben, cando estabamos algúns na procura de novos horizontes para o século XXI, as ideoloxías do século XIX e as formas de actuar da primeira metade do século pasado entraron como un bulebule e ten toda a pinta de que non están dispostas a marchar de boa gaña.

Así que conviría volver a repasar algúns dos erros que nos levaron aquí e recordar algunha que outra obviedade para poder avanzar.

Primeira obviedade

Somos cidadáns e nos autoorganizados ou non en partidos, colectivos, grupos sociais, clubs de lectura ou no que nos pete. Unímonos con outros e outras pola proximidade de obxectivos e por que construímos unha misión conxunta.

É en base a iso, e non as metodoloxías, ao que construímos ou non espazos comúns.

Cando os espazos comúns son moi comúns nos organizamos de xeito individual interpares (caso dos partidos), cando o común é de carácter estratéxico, de obxectivos pero non de misión, o facemos buscando formulas unitarias pero plurais (caso de federación de partidos ou cooperativas políticas). Se os obxectivos e a misión non coinciden pero necesitas sumarte con outros para defender algo que esta sendo atacado, como neste caso o ben común ou Galicia, entón buscamos formulas conxunturais (coalición ou alianzas electorais).

O caso é buscar os instrumentos ao servizo da política e non poñer a política ao servizo dos instrumentos.

Ler máis...

Nós, os arraianos

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Martes, 29 Mai 2012 09:36

20060915145557-compromiso1

Xoán Hermida

Deixamos a política hai anos, non porque non nos interesara senón porque a política convertérase nun espectáculo indecente, cargado de demagoxia cando se estaba na oposición e de mera xestión aséptica cando se estaba no goberno.

A economía política pasara a ser unicamente economía ( “gato branco, gato negro; o importante é que cace ratos” ) e despois converteuse en política económica ao servizo dos oligopolios, coñecidos popularmente como ‘mercados’.

Decidimos refuxiarnos durante un exilio interior nos movementos sociais porque eran os únicos sitios onde se podía transformar o mundo propio como forma de preparación do que tiña que ser de novo a transformación colectiva.

Non estabamos cómodos en ningún sitio. Eramos nacionalistas para os españolistas e españolistas para os nacionalistas. Radicais para os reformistas e reformistas para os radicais. Liberais para os totalitarios e estatalizadores para os liberais. Neocomunistas mal vistos pola terceira vía e socialdemócratas para os marxistas[guion]leninistas.

Namentres os proxectos sociais avanzaban, paseniñamente co noso esforzo, a política partidaria degradábase a pasos acelerados.

Ler máis...

Un 'novisimo' proxecto común

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Mércores, 25 Abril 2012 18:42

coaching

 

 "Somos os nosos piores inimigos" Martiño Noriega

Xoán Hermida

A análise da historia e dos acontecementos políticos pode  facerse seguindo dous procedementos: o de centrar en persoas ou figuras o relato dos mesmos e polo tanto buscar as necesarias conspiracións ou, pola contra,  centralo en causas obxetivizables (oportunidades políticas) , suxeitos colectivos (estruturas de mobilización) e procesos enmarcadores.

Eu como marxista, do empirismo dialéctico non do materialismo mecanicista dos seus seguidores, aposto máis polo segundo.

En primeiro lugar porque, ademais de máis rigoroso, creo que axuda mellor a resolver as contradicións e buscar a súa solución e en segundo lugar porque as teorías conspirativas son as respostas que os necios desde o conservadorismo político e desde a preguiza mental soen dar diante realidades novas e complexas que non entenden.

Unha vez que optamos por facer un análise empírico e racional dos acontecementos deberemos acertar nos corolarios do problema para que a solución sexa a máis acertada posible.

Onde poñer os corolarios do problema na situación que vive a esquerda e o nacionalismo galego?

Algúns póñeno na deriva que o BNG tomou nos últimos anos, e non sendo de todo falso que a deriva da última década precipitou o desenlace, creo que os corolarios deberiamos buscalos máis atrás, seguramente na década dos setenta cando empezou a cambiar o modelo produtivo e social e a esquerda non foi quen de actualizar a súa política e a súa estrutura organizativa e mental diante das novas realidades. Nese senso o BNG foi sen dubida un intento creativo no noso contexto xeográfico pero obrigatoriamente limitado pola dimensión e a envergadura da crise á que nos enfrontabamos.

 

Ler máis...

A desafección continúa e a esquerda dáse un respiro

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Domingo, 25 Marzo 2012 23:16

Xiro esquerda

 

Xoán Hermida

Primeiras valoracións de urxencia sobre as eleccións andaluzas e asturianas:

Os resultados das eleccións seguen a confirmar unha desafección pola política de magnitude xigante. Os datos da abstención son máis que significativos 38% en Andalucía e un 44% en Asturias, nesta caso os abstencionistas superan a suma das tres forzas máis votadas.

No caso do voto branco+nulo tamén son datos significativos 1,5% en Andalucía, 2,3% en Asturias.

O resultado das eleccións andaluzas son un respiro para a esquerda e obviamente demostran que as andaluzas e os andaluces non queren aturar a esas malas bestas.

Non obstante, e a pesar dunha conxuntura moi mala, a dereita sigue a avanzar electoralmente co cal o peor que podía facer a esquerda é pensar que os problemas de redefinición no século XXI se superan a base de éxitos electorais en conxunturas favorables.

A esquerda segue tendo o mesmo problema pendente, de redefinición e renovación que xa dura varias décadas,  que tiña hai vintecatro horas e o mesmo que terá despois de que gañe François Hollande en Francia.

Ademais ollo cos espellismos: os resultados de Andalucía amosan unha realidade política e social propia e diferenciada.

Lectura en clave galega para o NPC: a vitoria á dereita faise desde unha esquerda ampla nun, ou coma neste caso dous partidos, senón non se fai. Sen proxecto alternativo non hai posible hexemonía alternativa.

Ler máis...

Máis artigos

  1. Non valen escusas
  2. Empatía, responsabilidade ética e tolerancia
  3. Marx, Castelao, Beiras, ... traidores !
  4. O espírito do 29 de xaneiro
  5. O sorriso de Feijóo
  6. É realmente necesario un partido máis ou unha nova estratexia de cambio?

Páxina 14 de 16

  • Comezo
  • Prev
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • Seguinte
  • Fin

Feito por Joomla!®