De AVE's, ladrillo e caixas

welcome-callejon-sin-salida

Xoán Hermida

Prometinme a min mesmo non escribir sobre o accidente de Angrois. Demasiada dor, demasiados sentimentos e demasiada conmoción como para saber como facelo sen ter a impresión de ensuciar a dor das vítimas e dos seus familiares e coñecidos.

Pero non me podo reprimir para facelo sobre o modelo de desenvolvemento de país que a grande maioría política e mediatica ten ido avalando nas últimas dúas décadas.

Neste caso, coma no da fusión das caixas ou no auxe da construción, ninguén pode dicir aquilo tan noso de ‘xa o dicía eu’, porque aínda que había algúns que xa o diciamos eramos ínfima minoría e/ou estabamos minorizados publicamente.

E dirán vostedes que relación ten todo isto co accidente? Toda e ningunha.

Acórdanse como empezou o auxe do sector inmobiliario? Serian capaces de fixar con claridade en que ano se iniciou o proceso de bancarización das nosas caixas? Recordan aquilo da importancia dos prazos do AVE e do aldraxe comparativo con outras comunidades?

Ler máis...

Democracia orgánica e desafección política

capitalismo

 

Xoán Hermida

A poucos días de cumprirse o segundo aniversario do 15-M as accións e declaracións de tres lideres políticos aparentemente distantes nas súas ideas teñen posto de relevo que as forzas da vella política pouco teñen aprendido nestes dous anos e seguen empeñados en ver a cidadanía como un ente amorfo e manipulable sen constantes vitais e intelectuais propias.

En poucos días a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, a figura emerxente do PSOE, Beatriz Talegón, e o alcalde pontevedrés do BNG, Miguel A. Fernández Lores, teñen evidenciado na practica o porqué da desafección e desconfianza que a cidadanía ten cara as forzas políticas.

A primeiro en aparecer en escena foi Dolores de Cospedal animando aos movementos sociais vertebrados arredor da indignación a constituírse en partido político e presentarse as eleccións nun concepto de democracia limitado onde non se entende o papel necesario que xogan os movementos sociais para que exista o necesario control da cidadanía sobre os seus representantes.

Eliminado así o control cidadá da política desde a sociedade civil e reservado, como ven ensaiando en Castilla-La Mancha, a representación política as persoas con tarxeta Visa-Oro, poderíase institucionalizar un novo dereito de uso e abuso.

Ler máis...

Eu son soberanista ... e agora que?

Movilizacin en Francia

 

Xoán Hermida

Eu non son nacionalista. Son soberanista (entendida a mesma como a que afecta á cidadanía nas súas liberdades individuais e colectivas nacionais ) ou galeguista (aínda que o termo foi deturpado normalmente como amortiguador de posicións claras no eido nacional ou como disolvente da esquerda).

Debe ser por iso que debates sobre ‘a unidade do nacionalismo’ parécenme tan fora de axenda e aburridos como un debate sobre a grande coalición patriótica defendida por Bono ou Trillo, ou un sobre a unidade das relixións monoteístas.

De xeito recorrente, ponse como exemplo Euskadi e Catalunya de forza do nacionalismo pero se oculta conscientemente que nun caso como noutro existen diversas forzas nacionais, dúas no caso de Euskadi (PNV e Amaiur) e catro no caso de Catalunya (CiU, ERC, ICV e CUP; deixemos en corentena ao PSC), como é lóxico en función das súas diversas visións sociais (iso que na literatura clásica chamábase ‘loita de crases’).

Ler máis...

No poboado do Vao viven persoas

Xitanos

 

Xoán Hermida

Cal un virus estacional se tratara cada certo tempo reaparece o poboado chabolista do Vao coma noticia nas nosas vidas, normalmente ligado a un problema de trapicheo de drogas a pequena escala.

Durante uns días as noticias sobre o poboado xitano ocupa as portadas dos medios locais e coa mesma rapidez desaparece ata nova sinal de ‘alarma’.

Pero a vida para as persoas que habitan o Vao nunhas condicións infrahumanas persiste no seu día a día sen que ao resto dos habitantes dos concellos limítrofes de Pontevedra e Poio nos preocupe o máis mínimo.

Alguén se recorda que hai cinco anos se montou un circo mediatico e social polo realoxo de cinco familias?; alguén volveu ter noticias dos famosos poboados de transición cos que vicepresidencia da Xunta de Galicia intentou acalar as protestas sociais?; alguén sabe onde habitan as cinco perigosas familias realoxadas en Monteporreiro e Caritel e que ían converterse no perigo numero 1 de delincuencia organizada da cornisa atlántica?

Ler máis...