Independence day
- Detalles
- Publicado o Venres, 01 Decembro 2017 11:06
INDEPENDECE DAY. LISBOA. Hoxe, 1 de decembro, é o día que se conmemora a independencia portuguesa.
Aínda que a coroa de Portugal xa conformou un estado independente da de Castela desde 1143, esta sempre aproveitou as inestabilidades políticas dos veciños para intentar algunha que outra ‘OPA hostil’. Os dous intentos máis soados tiveron, nun primeiro caso, forma de guerra (que rematou en 1385 coa batalla de Aljubarrota) e, no segundo caso, tras 59 anos de anexión institucional, nunha revolta popular en 1640 que é a data nacional para celebrar a independencia.
Ben e certo que vivimos en tempos onde o concepto de ‘soberanía nacional’ non ten a capacidade construtiva de outro tempo. O proceso de mundialización económica ten deixado aos estados cunha forte incapacidade para enfrontarse a capacidade de presión de transnacionais e oligopolios, por outra banda, os procesos de integración rexional -no caso de Europa- suprimiron instrumentos básicos para definir unha política financeira propia como a moeda ou o banco central ‘nacional’.
1985
- Detalles
- Publicado o Domingo, 26 Novembro 2017 01:28
LENIN E A PERESTROIKA. As xornadas que o CES de Coimbra está a celebrar sobre o centenario da revolución rusa teñen un rigor ponencial e unha calidade científica impensable no noso país onde algo así so se fai con animo nostálxico ou apoloxeta.
De entre as ponencias unha me marabillou, a do historiador José Neves pola súa creatividade e atrevemento.
Neves é vicepresidente da asociación de historiadores, un dos mellores coñecedores do movemento comunista e doutorouse coa tese "comunismo e nacionalismo en Portugal".
O 'atrevemento’, agora entenderedes do meu entusiasmo, foi un percorrido arredor das ideas de Lenin a partir do episodio político da Perestroika.
Á marxe da valoración que desta etapa histórica teña cada quen, a min hai tempo que me seduce, non os acontecementos en si ou como lamentablemente rematou o episodio, senón a súa capacidade de liberar enerxías atrapadas ou ser conector dunha corrente marxista non escolástica coa contemporaneidade.
Do texto teremos momento de falar, pois publicarémolo no Foro OBenComún.
Hoxe me interesa unha obra artística, onte relembrada, que explica gráficamente o entusiasmo que na sociedade soviética espertou o acontecemento nun primeiro momento. A obra 1985 de Pamela Kachurin é unha chamada a desempañar o vidro que o réxime botou sobre Lenin e volver a mirarlle aos ollos.
Intelixencia para defender a alegria
- Detalles
- Publicado o Venres, 29 Setembro 2017 01:56
INTELIXENCIA PARA DEFENDER A ALEGRIA. Levábamos tanto tempo anunciando, as veces coa incredulidade da maioría, que estabamos diante dun episodio de cambio constituínte, que cando este entrou na súa fase máis disrruptiva é normal que se instale unha certa sensación de vertixe.
Ben é certo que existe unha bipolarización social non desexable, ben é certo que se ten asentado no debate político unha dinámica perversa de confrontación innecesaria, ben é certo que a capacidade de análise non é a que cabía esperar. En todo caso as dúas primeiras características soamente son explicables na lóxica da fase da contenda na que estamos e as limitacións analíticas teñen que ver coa dinámica de superficialidade e dogmatismo xa habitual na esquerda.
Cando en xaneiro de 2012 saltaba polos aires o contenedor que durante dúas décadas viñera acubillando á esquerda galega, algúns dixemos que estábamos diante dunha crise non só metodolóxica senón, fundamentalmente, epistemolóxica e ontolóxica.
Sacristan re-visitado
- Detalles
- Publicado o Martes, 06 Marzo 2012 22:56
“Quen de verdade ten a palabra son os movementos potencialmente transformadores, desde as franxas revolucionarias do movemento obreiro tradicional ata as novas comunidades amigas da Terra. Só cando unhas e outras coincidan nunha nova alianza se abrirase unha perspectiva esperanzadora. Namentres, intentaremos entender o que pasa e aplanar o camiño, polo menos o que hai que percorrer coa cabeza.”
Carta da redacción Mientras Tanto, n.º 1 (1979)
As dinámicas nas que nos vemos inmersos fan que sexa moi necesario e recomendable abandonar alúmenos durante 48 horas o activismo frenético e facer un oco para a reflexión e o pensamento. Que pracer para as neuronas poder mergullarse unha fin de semana con INTEGRAL SACRISTAN.
Un luxo repleto de textos e entrevistas arredor do maior filósofo español despois de Ortega y Gasset, que me confirma no meu perfil italianista no social que se complementa co perfil necesariamente afrancesado no republicano.
Varias notas críticas que vos deixo:
1. A ética como elemento central do pensamento filosófico e da intervención política. Os filósofos que so interpretan o mundo, tal como denunciaba Marx, non son do noso interese. Canto se necesita dos filósofos ao fronte das direccións dos partidos para que a proposta táctica necesaria do día a día non someta á estratexia ‘utopista’. Os pensadores activos nas executivas dos partidos a principios do século XX desapareceron das mesmas a finais do século pasado, agora que estamos nunha etapa de reconstrución é necesario que volvan ao fronte da mesma.
Empatía e responsabilidade ética
- Detalles
- Publicado o Xoves, 19 Mai 2011 17:25
Recibimos información doutros seres e debemos responder a esas demandas.
Si as demandas son positivas como o son un sorriso amable, unha voz cálida, uns ollos enigmáticos ou un xesto cálido a non resposta converteríanos nun seres insensibles.
Se as demandas son negativas como un berro esixindo xustiza, unha mirada triste diante dun desastre medioambiental, unha suplica nas sombras ou unha pena interior a non resposta convértenos nuns seres cínicos.
As emocións son corpóreas, polo tanto innatas non é necesario educalas, cultivalas, racionalizalas ... basta con non castralas.