Apuntes urxentes sobre a primeira crise da nova política
Xoán Hermida
O episodio de cambio deconstituínte/constituinte que estamos a vivir tivo as súas primeiras sinais claras no inicio da década anterior coincidindo coa fisura na placa tectónica nacional vasca e catalá (Plan Ibarretxe, Estatùt de Catalunya) e coas mobilizacións de Non a Guerra! e do Nunca Máis, e ten o seu arranque simbólico no 15M.
É o 15M o que referencia unha urxencia e a súa vez a necesidade dunha nova expresión política, nin AGE primeiro, nin Podemos despois, con ser froito dese contexto, son os elementos enmarcadores do novo tempo. De existir un interface aproximado ao que quería expresar o 15M esas son as iniciativas de unidade popular municipal que tiveron a súa concreción en algunhas plataformas e Mareas nas municipais do 2015.
En realidade sempre houbo un único proceso
Xoán Hermida
O actual alcalde de Compostela, a súa vez unha das voces mais respectadas no ámbito do que poderíamos chamar esquerda nacional, Martiño Noriega, afirmaba, hai uns días, nunhas declaracións que non ‘nos podíamos permitir dous procesos de confluencia’.
Non creo que ninguén, a non ser que teña escuras intencións, poida estar en desacordo con Martiño Noriega na necesidade de que o espazo que hoxe representa política e socialmente o movemento de ruptura democrático deba concorrer unido, e non dividido en dúas candidaturas, aos próximos procesos electorais.
Non obstante, creo que nunca houbo máis que un único proceso.
Primarias abertas na Marea
Xoán Hermida
Vivimos tempos de sufrimento e de ilusión.
Tempos nos que unha parte importante da nosa poboación non ten posibilidades de chegar a fin de mes e esta a padecer as consecuencias das políticas de recortes e de austericidio, mentres que outro sector que pensou que o seu modelo ‘feliz’ de vida e consumo era irreversible observa como o seu soño queda enterrado baixo os cascallos do estoupido de diferentes burbullas especulativas.
Galicia, o noso país, estámolo perdendo, escapa das mans, sen que os nosos gobernantes atendan a chamadadun ecosistema que se esboroa, dunha mocidade que ten que saír do país para traballar en condicións de dignidade mínima ou duns sectores produtivos estratéxicos que van esmorecendo.
A contenda pola nova democracia continúa despois das autonómicas
Xoán Hermida
Pasados xa uns días desde as eleccións autonómicas e tras achegarme a diferentes interpretacións, na maioría dos casos descontextualizadas do período de ‘cambio de orde’ no que estamos inmersos, observo entre atónito e perplexo como a moitas das voces so intentan sacar rédito político de parte dun análise que por forza é complexo, aínda que para iso asuman o relato dominante que nos venden os medios empresariais de comunicación.
Existen nestas eleccións dous vencedores, PP e En Marea, e dous grandes derrotados (co permiso de Ciudadanos), PSOE e BNG.
Entre os vencedores e derrotados existen, non obstante, disfuncións con respecto á concreción do novo status que lle corresponde xogar a partir de agora a cada quen.