Entrevista no programa Bos Días da TVG 02/05/2018
Xoán Hermida, de En Marea Pontevedra, acudiu ao plató do Bos Días despois da súa recente renuncia a ocupar o escano de Juan Merlo, o ex-deputado e número dous de Podemos Galicia que dimitiu tras esaxerar no seu currículo.
"Todos os que nos presentamos ás eleccións asumimos un código ético, pero tamén asumimos un programa e unhas regras de xogo. Era asumir que había un partido instrumental nacional con adscrición individual".
"Este conflito volve poñer enriba da mesa esa falta de respecto duns deputados e deputadas aos acordos que eles mesmos acataran cando entraron a deputados. Polo tanto, eu creo que fixo ben a coordinadora nacional de En Marea, fixo ben Luís Villares de pedir primeiramente por ética a dimisión voluntaria desta deputada, e fixo ben en elevar a consulta aos inscritos e inscritas para que sexamos a xente do común os que decidamos sobre a posición de Paula Quinteiro".
Presentación do libro [Re]pensar a democracia
Intervención de Xoán Hermida na presentación do libro [Re]pensar a democracia en Santiago de Compostela (27/06/2017)
Xornada sobre democracia e proceso constituínte
Intervención na xornada sobre democracia e proceso constituínte organizadas por Mobilizate Pontevedra
Informe Político II Asemblea Nacional de Espazo
Presentando o informe político da II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista.
Debate sobre a construción da esquerda nacional
Debate entre Martiño Noriega (Anova), Yolanda Díaz (Esquerda Unida) e Xoán Hermida (Espazo Ecosocialista) no marco da I Conferencia Nacional de EEG.