Pedro Sánchez queda e promete a "rexeneración pendente da nosa democracia"

O presidente do Goberno de España anuncia que segue adiante "con máis forza" co propósito de facer fronte ao "movemento reaccionario mundial" que aspira a "impoñer a súa axenda regresiva" mediante "a difamación", a "falsidade" e o "odio".

Fálase de...

O galego procura a súa normalización na Intelixencia Artificial da man dunha "histórica" lei europea

Desde acender o móbil mediante pegada dixital ou recoñecemento facial, empregar un navegador que fale e informe con todo detalle das posibilidades de ocio nun destino turístico, as recomendación dos contidos na smart tv, ata dirixir un robot nunha operación médica. Non imos descubrir agora que a evolución da intelixencia artificial (IA) é imparable. Máis si cómpre reparar nas implicacións que a primeira normativa comunitaria sobre esta materia que vén de validar o Parlamento pode ter para Galicia e máis concretamente para o idioma galego, que vai contar cunha ferramenta legal para exixir a súa non discriminación nos servizos da intelixencia artificial.

"A resistencia en Gaza é o único que queda porque non teñen armas, nin exército, nin apoio político ou económico"

Sara Ashour (Gaza, 2002) vive en Santiago desde os cinco anos, estuda o último curso do grao en Administración e dirección de empresas na Universidade de Santiago de Compostela e fala árabe, galego, castelán, inglés e francés. Marchou de Gaza o 31 de agosto de 2023, foron as últimas vacacións que puido pasar alí coa súa familia. Está a vivir o xenocidio do pobo palestino en directo, como toda poboación mundial, coa diferenza de que na súa casa recoñecen as vítimas que se ven a través da pantalla. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.

Devagar

  • "O concepto do alugueiro de amigos sérvenos de punto de partida para analizar cousas que están no noso día a día"

    Esta semana nas redes sociais da TVG apareceron unhas publicacións que espertaron a incredulidade de moitas persoas ao falar dunha suposta aplicación chamada ‘Rent-a-pal’, que poderiamos traducir como ‘Aluga un amigo’. Pero de que se trata todo isto? A responsable é a creadora audiovisual Irene Pin, que nos propón reflexionar sobre como nos relacionamos na sociedade actual. Rent-a-pal é unha webserie producida por Aqueladas para a Televisión de Galicia que xa se pode ver na plataforma de contidos dixitais AGalega

  • Luísa Villalta para o público infantil e xuvenil desde o compromiso, a estética, o estímulo e a coherencia

    Este ano das Letras a conexión das autoras coa poboación máis nova permite achegar a súa obra con outros enfoques, buscando o interese desde as experiencias compartidas e as referencias máis recoñecibles. As múltiples faces de Luísa Villalta como artista, da música á poesía, do ensaio ao teatro, da ensinanza ao activismo social e político deron ao prelo tres obras deliciosas para o público infantil e xuvenil, pero non só. Estes libros serven de ponte para chegar a outras publicacións e para seguir afondando na obra da que foi 'Señora das Letras' en 2022 e agora volvemos celebrar no Día das Letras Galegas promovido pola Real Academia Galega

  • "O inicio da TVG foi un momento histórico para o país, foi a primeira vez que Galicia se miraba a si mesma"

    Eva Veiga recibe este sábado o premio de Honra Fernando Rey na Gala de entrega dos premios Mestre Mateo. A Academia do Audiovisual destaca que a poeta "forma parte dunha xeración pioneira que fixo posible unha televisión pública comprometida coa información, a divulgación e a construción da identidade de varias xeracións de galegas e galegos"

  • "Teño a manía de querer facerme entender"

    "Considero que a performance encárgase de rachar as barreiras entre que é vida e que é arte". Silvia Penas leva a poesía alí onde vai, e non deixa de subirse os escenarios cos seus diferentes proxectos

  • Facer 40 anos en 2024: a "estabilidade inestable" dunha xeración

    Unha ducia de voluntarias e voluntarios comparte con Praza.gal como chega ao seu 40 aniversario no contexto actual. Non ter unha vivenda en propiedade ou o coidado dos pais e nais que ven vir preocupa moito a estas persoas, que na súa maioría vive de alugueiro. O ritmo biolóxico non descansa e a maternidade afecta principalmente as mulleres en 2024, aínda que compartan os fillos coas súas parellas. De equilibrios para chegar a fin de mes a unha deriva de consumo masivo, así están as que naceron en 1984