Son anticapitalista pero "que hay de lo mio"

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

A crise da esquerda é global, non so española e/ou galega (e dura, senón 150 anos coma penso eu, alúmenos, desde os anos previos á caída do muro de Berlín). O panorama no estado non é diferente ao que hai en Italia ou Francia. Non se resolven as carencias epistemolóxicas, programáticas, metodolóxicas,... nun ano e menos nunhas eleccións.

A esquerda non tocou fondo e aínda estamos no ciclo de auxe do pensamento reaccionario neste episodio de crise sistémica na que vivimos e imos seguir vivindo durante bastante tempo.

Iso non quere dicir que quedemos paralizados ou non fagamos todo o posible para construír espazos unitarios como algúns levamos tempo intentando, pero con voluntarismo non se resolve a cuestión.

Creo que o mellor que se pode facer é o que estamos a facer, desde o proceso de experimentación e aprendizaxe colectiva, tender pontes coas outras esquerdas, facilitar as resistencias sociais e construír un partido forte da esquerda galega renovadora nas súas ideas e tamén na súa organización, ... e sobre todo pensar na xente que esta a sufrir.

Moito discurso anticapitalista pero cando chegan as eleccións todos a pelexar por un posto institucional ben sexa no que xa existe ben sexa construíndo plataformas ad hoc. Algunhas persoas decidimos poñer en marcha Espazo Ecosocialista, desde abaixo de verdade sen máis recursos económicos que os dos nosos petos e o noso tempo, coa convición de que era diso do que se trataba. Case tres anos despois aquí seguimos a pesar de non ter representación institucional. Dubido que algunhas desas plataformas ou grupos da ‘novisima’ esquerda senon obtiveran representación perviviran nin tan sequera tres minutos.

É momento de converxencias porque son tempos de sufrimento e angustias persoais, pero tamén é hora de empezar a pensar estratexicamente e non so no día a día.

Separemos o grao da palla. As persoas que queren construír unha forza renovadora da esquerda nacional miren cal é o mellor instrumento desde onde facelo e se cren que ningún dos existentes vale, constrúan outro, pero non só para unhas eleccións.

Información adicional