Sumas que restan

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

masmadera



Xoán Hermida

Nas últimas cinco eleccións habidas non repetín ni unha soa vez a mesma papeleta. Pode parecer unha consecuencia, dun desequilibrio persoal, pero no fondo tratase de un diagnostico, dunha doenza colectiva.

O diagnostico chamase crise da esquerda política e a súa cura pasa pola renovación e a converxencia da que emerxan novos instrumentos políticos.

Agora ben, a doenza ten outras complicacións asociadas cuxa presenza poden impedir a recuperación: infantilismo, sectarismo, personalismo, fanatismo, …

O capital político en democracia o dan os votos. Os votos din que IU e as súas federacións son o contenedor máis importante de recepción de votos na esquerda e polo tanto o necesario vertebrador dunha alternativa global; que existe unha realidade plurinacional que fai que estean presentes forzas como ERC, Sortu ou BNG necesarias; que as propostas renovadoras como ICV, Chunta, Compromis ou MES ocupan un espazo central nas súas comunidades. E que cando existen formulas unitarias coa combinación dos anteriores elementos - unidade, transversalidade, renovación- o resultado supera as expectativas (AGE).

As transformacións son procesos de maduración lentos e cando se producen saltos cualitativos, na terminoloxía hegeliana; ou saltos de emerxencia, na terminoloxía cuántica; ou episodios disrruptivos, na terminoloxía da socioloxía movementista, estes están condicionados por procesos de moita máis longa duración e profundidade que determinan o desenlace dos procesos de cambio.

Comparto tódolos análises negativos e máis que se poidan facer sobre IU e de feito teñen a súa parte alícuota na desafección e estou convencido que PODEMOS responde ao mesmo cansanzo que algunhas persoas en Galicia están a ter con respecto a aparatos máis próximos.

Cando se produciu a finais dos 90 a crise de IU con sectores da organización e con ICV e EU-EG, a organización levaba varios anos perdendo apoios sociais e electorais. Acertadamente ou non, necesitábase reaccionar.

Cando se produciu a crise do BNG a finais da década anterior que desembocou na marcha de EI e +G e posteriormente toda a reordenación da esquerda galega, a organización levaba varios anos perdendo apoios sociais e electorais. Era imprescindible reaccionar.

Os procesos pretendían cambiar o rumbo de organizacións que perdera o pé e xa non era un perigo para a dereita.

O proceso impulsado pola plataforma PODEMOS dáse nun momento de crecemento social e electoral de IU, cando IU sumada a ICV, Chunta, Batzarre, Espazo Ecosocialista e outros que se incorporarán a unha alianza máis ampla e plurinacional podería poñer en perigo ao bipartidismo que sustenta o réxime. As sondaxes, mesmo as peores, danlle resultados nunhas xerais do 13%, isto quere dicir que nunha europeas podería estar preto de crear unha sensación de pre-sorpasso a nada que fora capaz de integrar a outras forzas. Unha pequena (gran) diferenza a ter en conta.

PODEMOS pode ser, ademais de un síntoma, unha proposta de renovación, pero para iso faría ben en fuxir da lóxica de divisións ideoloxicas esteriles e axustes de contas historicas.

Na transición equivocaronse ben por defecto ou ben por esceso tanto o PCE como as multiples esquerdas rupturistas. Por outra banda a dicotomía stalinismo-troskismo é a estas alturas unha diatriba para historiadores, máis cando o PCE ven dunha tradición eurocomunista. Hoxe mesmo no aniversario de Gramsci cabe lembrar ademais da súa xenerosidade, algo que cada día esta máis ausente nos dirixentes da esquerda, que foi crítico cos 'marxismos' existentes, intentou liberar ao socialismo do mecanicismo e o formalismo onde o metera o Programa de Ghota e a socialdemocracia alemá e a súa vez puxo en evidencia os problemas ontolóxicos que formulaba o leninismo. O stalinismo é a deriva bonapartista da revolución soviética, pero cabería dicir que o pensamento de Stalin e de Troski en moitas cousas son coincidentes pois elevan a categoría formulacións de Lenin que el abordou para un contexto histórico e xeográfico.

Necesitamos liberarnos do concepto leninista de partido vangarda se queremos construír as hexemonías sociais que imaxinaba Gramsci. E este é o reiterado erro da esquerda. Seguir con modelos leninistas en lugar de modelos cooperativos. Calquera proxecto que non disolva os anteriores ou cando menos non os resitue, volvera a ter un partido (grupo) guía no interior que xerará unha nova e cada vez máis grande frustración.

A esquerda necesita unha renovación ampla e novos instrumentos para o século XXI, sen ningún tipo de dubidas, e por iso necesitamos seguir ensaiando e experimentando; pero tamén necesita de estratexias cooperativas de longo alcance lonxe de aventurerismos electoralistas, de construcións colectivas alonxadas de caudillismos e intelixencia colectiva para xerar alternativas fuxindo dos populismos e receitas simplistas.

De non ser así, seguiremos buscando novas marcas e xogando ao xogo das cadeiras, namentres as elites do réxime (PSOE-PP-CiU) seguen dirixindo as nosas vidas e producindo dor nas persoas.

Como dicía Hegel ‘nada grande se fixo no mundo sen unha grande paixón’ pero despois das europeas a vida política continua, os problemas tamén e a esquerda deberá seguir estando.

Información adicional