A Marea que nunca existiu

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

mitin festa color

 

Xoán Hermida

A Marea Pontevedra foi a terceira marea en ser presentada tras Marea Atlántica e Ourense en Común. A nova pasou desapercibida para un bo número de medios.

A Marea Pontevedra acubillou no seu seo toda a esquerda democrática rupturista (Anova, EU, Espazo Ecosocialista e Podemos). Algunha referencia houbo pero case ninguén se enterou agás polos medios propios da Marea.

A Marea Pontevedra sumou a activistas dos nosos pequenos ‘gamonais’ que nos habitan e dos movementos sociais máis atrevidos da cidade. De isto ninguén se tería percatado senón fora polos propios medios da Marea.

A Marea Pontevedra estivo respaldada por Manuel Moldes, Xosé Fortes, Cesar Portela, Salome Álvarez, Laia Ortiz, Ada Colau,… e despois por un grupo de 35 lideres sociais do máis relevante da cidade. Fora de Pontevedra estas referencias quedaron ao marxe da información política.

Cando empezou o movemento das mareas un dirixente de AGE dixo que en Pontevedra non habería marea debido a debilidade partidaria.

As primeiras enquisas anunciaban un resultado non máis aló do 3%, predicindo que se convertería na única marea que quedaría fora dun concello.

Algún columnista, que mantivo durante a campaña dobre xornada no seu posto de traballo habitual e no staff de campaña do partido do goberno, asegurou que a Marea ía perdendo apoios co paso dos días.

Salvo raras excepcións a marea desapareceu dos medios máis preocupados en facer caixa que en servir aos seus lectores.

O ambiente social e mediatico estaba preparando un axuste de contas contra Luís Rei por ter a ousadía de ser ‘pirata libre’ en terra de ‘corsarios’ e pasar a coitelo algún dos indisciplinados cidadáns que tiñamos a ousadía de poñer en cuestión a preciosa cidade por onde poden pasear os 17.087 pobres empadroados no concello.

Pero equivocáronse.

A Marea Pontevedra sumou 402 adheridos e case 2.000 persoas nas redes sociais, converténdose no partido de Pontevedra con máis músculo militante. Músculo que á larga foi decisivo para a entrada na corporación.

A campaña da Marea sen orzamentos e sen axuda asistida algunha non se deixou encaixar na trampa da ‘pinza’ co PP e desenvolveuse seguindo un relato de esquerda e rexeneracionista impecable.

Primeiro, situando as grandes coincidencias estratéxicas da troika municipal (BNG,PSOE e PP) nos grandes temas. O evento “limpa o concello de PTV [Políticos de Toda a Vida] foi participada por máis de un centenar de persoas e seguida por varios miles.

Segundo, dando voz á xente para que decida o futuro do seu concello e marcara as liñas centrais das futuras alianzas. Máis de 800 persoas non tiveron problema en acreditarse co seu DNI no que foi unha experiencia de radicalidade democrática inédita.

Terceiro, alertando dos perigos que para a democracia teñen as maiorías absolutas, máis cando estas van da man de persoas que levan tres décadas nas institucións e dezaseis anos gobernando.

O resultado está á vista.

Marea Pontevedra non se afundiu no Atlántico senón que entra con folgura na corporación. Nalgunhas mesas urbanas superando o 15% dos votos.

Namentres o BNG crece a costa do afundimento do PP, perde o seu electorado máis referencial da esquerda que transvasase á Marea e situase no campo do electorado conservador que ao igual que Abel Caballero en Vigo ou no pasado Paco Vázquez na Coruña votan ao candidato e non ao partido, creándose un grave problema de identidade cara ao postlorismo.

Estes próximos catro anos serán decisivos na reconstrución da esquerda a nivel de Galicia, e en Pontevedra ademais para ver como se alinean as forzas políticas no marco da corporación máis plural desde as primeiras eleccións municipais.

E aí vai a estar a Marea, que contra vento pero coa Marea da súa xente e de 3.222 pontevedreses e pontevedresas seguirá surcando as augas.

Foi posible.

Non agardo que aparezan desculpas nin rectificacións.

Eppur si muove!

Información adicional