Entrevista no programa Bos Días da TVG 02/05/2018

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

Xoán Hermida, de En Marea Pontevedra, acudiu ao plató do Bos Días despois da súa recente renuncia a ocupar o escano de Juan Merlo, o ex-deputado e número dous de Podemos Galicia que dimitiu tras esaxerar no seu currículo. 

"Todos os que nos presentamos ás eleccións asumimos un código ético, pero tamén asumimos un programa e unhas regras de xogo. Era asumir que había un partido instrumental nacional con adscrición individual".

"Este conflito volve poñer enriba da mesa esa falta de respecto duns deputados e deputadas aos acordos que eles mesmos acataran cando entraron a deputados. Polo tanto, eu creo que fixo ben a coordinadora nacional de En Marea, fixo ben Luís Villares de pedir primeiramente por ética a dimisión voluntaria desta deputada, e fixo ben en elevar a consulta aos inscritos e inscritas para que sexamos a xente do común os que decidamos sobre a posición de Paula Quinteiro".

http://www.crtvg.es/informativos/xoan-hermida-o-conflito-de-paula-quinteiro-pon-enriba-da-mesa-un-debate-etico

Información adicional