15-M: O pobo indignado

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

15 M: O pobo indignado; VV.AA.; Editorial Laiovento, outubro 2011

Ver o artigo de Xoan Hermida para o libro "15M O pobo indignado" files/Autoorganizarse_para_defender_o_ben_comn.pdf

 

Nestes momentos de crise social, económica e política, provocada polo incremento das desigualda­des sociais, o pobo, desmobiliza­do, desorganizado, desmoraliza­do..., botouse á rúa para expresar a súa indignación pola carestía da vida, pola precariedade laboral, polo desemprego, pola corrup­ción política..., en definitiva, pola degradación dos nosos dereitos sociais, políticos e económicos: polo secuestro da Democracia e fronte á crise do sistema. Estamos, daquela, ante unha manifestación inédita das clases populares, en tanto que explorada por primeira vez neste mes de maio.

Fronte a esta nova realidade, Edicións Laiovento non podía per­manecer indiferente. Velaí a razón deste libro que tes nas túas mans: 15M: o pobo indignado, que pre­tende analizar a realidade do mo­vemento 15-M dende unha óptica plural, procurando ofrecer unha visión calidoscópica do movemento que eng­lobe a mirada analítica dun amplo grupo de persoas, procedentes de diversos campos científicos: a política, a economía, a historia, a filosofía, a socioloxía..., xunto coa mirada comprometida d@ activista e a mirada creativa d@ artista, e para iso contamos coa palabra de Alfredo Iglesias Diéguez, Xosé Manuel Beiras, Francisco Sampedro, Justo Beramendi, Xavier Vence, Teresa Moure, Fermín Bouza, Manoel Santos, Manuel Casal Lodeiro, David Rodríguez Rodríguez, Raimundo Viejo Viñas, Carlos Taibo, Roi Ribeira Bezerra, Nanina Santos, Fernanda Couñago Otero, Lupe Ces, Lídia Senra, Xoán Hermida González, Xabier Macías, Dionísio Pereira, Cláudio López Garrido, Miguel Fernández Blanco, Xosé María Álvarez Cáccamo, Margarita Ledo Andión, Diana Varela Puñal e Gustavo Pernas Cora.

Información adicional