A perestroika e Kiva Maidanik

  • imprimir
Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

Cando en outono de 1.987 propuseronme formar parte dunha delegación do PC a asistir durante varios meses a un curso de formación na Escola do Comité Central do Partido Comunista de Checoslovaquia non o dubidei nin un instante.

Levaba dous anos no PC e desde finais do 85 a chegada á secretaria xeral do PCUS de Mijail Gorvachov era seguida con detenimento por algúns mozos comunistas que veiamos naquel experimento chamado perestroika a posibilidade de reinventar o socialismo incorporando todo aquelo que o modelo staliniano borrara da revolución de Outubro. Era como se na revolución francesa despois de Napoleón volvera Marat. Lenin e Bujarín terian unha segunda oportunidade.

Seguiamos con moita atención e lecturas todo o que nos chegaba de Moscu. O informe ao XXVII Congreso do PCUS de febreiro de 1986 onde empezou a renovación e o informe do pleno do Comité Central do 27 e 28 de xaneiro de 1987 onde por primeira vez se situaron as contradiccións do modelo soviético.

Eu mesmo antes de partir para Praha escribin o meu primeiro artigo xornalístico que apostaba pola perestroika como esperanza de construción dun novo socialismo. Hai que dicir que aquel artigo xa me creou unha fama de renovador entre algúns e de “revisionista” entre outros. Non obstante as ideas viñan de Moscu e se chegou a publicar no boletín AVANTE do PCPG, ainda que cunha nota que aclaratoria de que se trataba de opinións persoais do autor. (1)

Aquel viaxe foi moi intenso para un mozo de 21 anos coma min avido de información, cunha militancia social e política xa de case unha década ( desde que aos 13 anos que ingresara en ERGA no instituto ) e con moitas gañas de coñecer o modelo de socialismo estatalista tan criticado en occidente, aínda que defendido con vehemencia por miles de comunistas no mundo.

Crucei o telón de acero nun avión de aeroflot onde so iamos un grupo de mozos comunistas e un pequeno grupo de empresarios dispostos a facer negocio aproveitando os primeiros pasos da apertura económica e iniciativa privada que se estaba a dar.

Pódese dicir que convivín con membros do réxime e tamén tiven ocasión de coñecer disidentes do que fora a primavera de Praha. A mellor convivencia foi sen dubida cos membros do FSLN que estaban formándose na escola e que tiñan outras preocupacións coas que nos simpatizabamos.

Vivimos as primeiras divisións no interior do partido a raíz da visita de Gorvachov e a nova visión soviética. Estiven durante os días que sustituiron a Gustáv Husák ao fronte do partido e do estado.

Todas aquelas contradiccións filtrábanse nas nosas clases, mesmo en forma de discusión
s acaloradas entre os docentes e as interpretes.

E no medio de todo aquel fervedoiro tiven a ocasión de coñecer a Kiva Maidanik.

Aparentemente era un profesor máis da Unión Soviética que traia como carta de presentación ser membro da academia de ciencias da URSS e do PCUS.

A súa aposta pola prerestroika non era só intelectual, era fundamentalmente revolucionaria. Transmitiunos unha forza impensable nunha persoa da súa idade e da súa procedencia.

A súa posición guevarista e anti-staliniana o levou a ser un grande aliado dos movementos alternativos de América latina. Recordo que daquela estaba preocupado polas relacións que iniciara cun xoven cubano chamado Roberto Robaina que consideraba un dos mellores activos do socialismo nai lla.

Un ano despois, xa de regreso aquí tiven ocasión de ler un precioso libro titulado “Perestroika. La revolución de las esperanzas” que editou Txalaparta no que conversaban Kiva Maidanik e Marta Harneker. Posteriormente coincidín de novo con Kiva nun acto en Madrid organizado polos Colectivos de Jovenes Comunistas.

En xaneiro do 91 visitou Galicia o economista cubano Carlos Tablada.(2) Tocoume facer de anfitrión e tivemos longas conversas sobre o futuro do socialismo en Cuba e co que estaba a pasar na Europa do leste. O autor do libro “El pensamiento económico de Ernesto Che Guevara”, premio casa de las americas 87, era un amigo de Kiva e os dous tiñan interese pola figura do Che Guevara no seu aspecto máis político. A amizade con Tablada supuxo que a miña muller de entón estivera na súa casa da Habana algún tempo despois, pero xa era o período especial e as relacións con Kiva se enfriaran.

De Tablada non volvín a contactar ainda que sei da súa vocación altermundista, pero como a vida é insistente de Kiva volvín a saber polos compañeiros do MST. Kiva se convertera ao igual que moitos de nos en defensores da causa dos Sem Terra.

A escola Nacional “Florestan Fernandes” do MST en Sao Paulo, á que contribuiu na súa construción AMARANTE desde Galicia, tivo como invitado especial durante a súa inauguración a Kiva.

Pouco despois finou. Seguramente con el morreu unha xeración de revolucionarios, pero os que soubemos de Kiva, e a pesar do fracaso da Perestroika, entendimos que estabamos diante dun momento histórico e abrindo unha nova etapa na loita polo socialismo.


(1)  No artigo aparecido no número 0 de Avante afirmaba: "No terreno ideolóxico sófrese, non só nos países socialistas, senón tamén en case tódolos partidos comunistas do mundo un estancamento que se traduce nunha falla cuasi total de teoría marxista contemporanea por unha bnada e unha redución ideolóxica a esquemas e receitas por dacordo coa realidade, por outra".

(2) entrevista de Xoán Hermida a Carlos Tablada publicada no Atlantico Diario o 27/01/91