Apuntamentos de urxencia a propósito da candidatura de cambio para as xerais

cadrar circulo

 

Xoán Hermida

A quen corresponda.-

[O problema da cuadratura do círculo, irresoluble en xeometría, consiste en definir - a traveso de regra e compas - un cadrado que posúa un área que sexa igual a do círculo dado]

1. Unidade; para que?

Apuntaba recentemente, con moita razón, o amigo Manuel M. Barreiro que unidade e reagrupamento son propostas diferentes. A primeira apela á construción dunha alternativa democrática desde a diferenza namentres que a segunda configura unha aposta de reunificación do nacionalismo galego.

A reunificación orgánica (ou meramente electoral) do nacionalismo situaríanos na coordenada de Amio, incluída a súa incapacidade para xerar unha alternativa hexemónica á dereita política e ao monopolismo económico. A mesma incapacidade que tivo a esquerda para construír unha alternativa propia, non pasando no mellor dos momentos en ser un apéndice complementario na xestión gobernamental do PSOE.

Nacionalismo e esquerda teñen sido incapaces en case corenta anos, os mesmos que dura o réxime que está en cuestión, de perfilar un programa crible de cambio por e para unha maioría social. É nese senso onde adquire maior relevancia o cambio de paradigma, pasando do identitario (ven sexa ideolóxico ou nacional) ao da pulsión democrática (arriba/abaixo).

Ler máis...

Vellos partidos, notables caducos e cidadanismo low cost

Crise Mona Lisa

 

Xoán Hermida

Nunha diagnose hai algo peor que equivocarse nas causas, consecuencias e síntomas; isto é, situar cada un deles no sitio equivocado. E si erramos na diagnose con toda seguridade imos a errar na solución.

A causa ten que ver cos motivos que provocan unha crise (como agudización das contradicións no senso social) e o seu posterior desenvolvemento. As consecuencias, pola contra, teñen que ver co resultado de como esa(s) causa(s) evolucionan a partir da interacción de diferentes suxeitos económicos, sociais e políticos que actúan na realidade a partir de diferentes intereses materiais e variadas interpretacións teóricas. Os síntomas son as pistas sobre as que podemos observar as diferentes etapas nas que se desenvolve o episodio de crise-cambio.

Ler máis...

Os partidos políticos e a Unidade Popular

15M Ponte

 

“Os comunistas non forman un partido aparte, oposto aos outros partidos obreiros”

   “As capas medias vólvense revolucionarias cando teñen

diante de si a perspectiva de seu tránsito inminente ao proletariado”.

K. Marx

 

Xoán Hermida

Equivocaranse os partidos, unha vez máis, se pensan que van poder canalizar a marea de cambio que se instalou na sociedade española desde maio de 2011.

Para non obrigar a ter que esperar a ler todo o artigo adianto ao lector o que penso en titulares concisos:

- estamos diante dun fin de réxime, non do sistema por agora, e polo tanto asistiremos ao eclipse das súas institucións, interfaces e elites; ás hexemónicas e, tamén, ás que hexemonizaron a oposición ‘leal e institucional’ nestes anos;

- tódolos datos demoscópicos sinalan que a sociedade española situou a Podemos como instrumento central para o proceso de deconstrución do réxime, ou, si se quere entender mellor, Podemos é o pau de palleiro sobre o que vertebrar a transición cara a un novo modelo institucional. O seu papel é temporal, e seguramente despois languideza, pero como o PCE na transición, é o partido chamado a articular, desde a oposición, a interlocución cos sectores reformistas do réxime, esperemos que con maior acerto que o seu predecesor;

- non é posible construír ningunha Marea Galega sen o concurso libre e coparticidado das mareas municipalistas que por dereito propio, e refrendo dos electores, se converteron en novos interfaces políticos (deixen xa outros de falar en nome delas);

-  o novo actor galego que xurda do proceso constituínte do episodio NPC-AGE-MAREAS vai ter que buscar unha formula de vertebración electoral con Podemos, aceptable para ambos.

Ler máis...