Por qué eramos comunistas ?

A xeito de epitafio

Da miña morte non culpedes a ninguén, e por favor,
nada de comentarios. Ao defunto lle molestaban enormemente.
Madre, irmáns, camaradas, perdoádeme, non é este o método
( non llo aconsello a ninguén ), pero non teño máis saída.

Como se di:
O incidente está zanxado,
A barca do amor
Estrelouse contra a vida cotiá.

Estou en paz coa vida. Inútil recordar
dolores
desgrazas
e ofensas mutuas”

Vladímir Maiakovski

Sede felices, ( Moscova, 12 de abril de 1930 )*



* Atopei nun antiguo libro este escrito que no seu día copiara dun epitafío que me pareceu precioso. Sexa por Lilia Brik ou pola revolución, o desamor foi o motivo último da morte de Maiakovski.

Oda aos miserables (e 2)

Oda aos miserables ou como facer un achegamento
psicolóxico á militancia política e social


Apartado analítico

Máis dunha vez teño discutido con algúns ‘irmáns de nación’ ou ‘camaradas de esperanzas’ sobre se é no caracter comunista onde hai que buscar os elementos distorsionadores que fan da UPG o problema do BNG ou do PCE o problema de IU.

Obviamente son plenamente consciente de que o modelo stalinista, entendido este como a deturpación das ideas marxianas e mesmo leninianas, ten moito que ver coa idea da vangarda ou do sentido dogmático dos procesos sociais e políticos, pero sempre acabo negando a maior.

Desde o meu punto de vista estas organizacións se comportan así por unha cuestión ‘corporativa’, pois non deixan de ser a estrutura profesional e funcionarial a soldo que teñen a capacidade real de control do conxunto do proxecto e ademais teñen un interese persoal polo seu control practico, máis aló da escusa ideolóxica que se plantexe en cada momento.

Ler máis...

Oda aos miserables (1)

Oda aos miserables ou como facer un achegamento
psicolóxico á militancia política e social

Apartado poético

Dicía o Poeta:
"Hai homes que loitan un día e son bos.
Hai outros que loitan un ano e son mellores.
Hai quen loitan moitos anos e son moi bos.
Pero hai os que loitan toda a vida:
eses son os imprescindibles.”
E cabería engadir:
“Tamén hai os que loitan mentres hai salario:
Eses son os innecesarios.”

Sempre paga a pena cruzar o Minho

Sempre é un gusto cruzar o Minho e achegarse a Portugal. Esta vez para asistir ao II FÓRUM ABRAÇAR GUINÉ, organizado pola Associaçao de Cooperaçao com a Guiné-Bissao, e comprobar como bule unha sociedade dinámica e activa.


Tamén sempre é un pracer poder dar unha conferencia en nome de AMARANTE en “portugués da Galiza” e comprobar que nos entenden os irmáns que falan “galego de Portugal”.

... e por suposto lembreime dos meninos cantores

Información adicional