As CUP, a fronte ampla e a participación

 A decisión das CUP de non participar nas eleccións europeas deixa tocado de morte ao BNG e amosa o falso debate que algúns pretendían facer arredor da fronte ampla.

Non obstante, as motivacións das CUP soan máis a unha desculpa para abordar a súa situación partidaria que a unha análise fonda. 'Carencia de democracia e opacidade' [dixit sobre a UE], dáse tamén a nivel local, nacional e estatal, e non por iso a esquerda deixa de presentarse a esas eleccións. É máis, se hai algunha administración que podese calificar de opaca esa é a municipal que polo seu mecanismo de financiamento convértese en niños de corrupción sistémica xeralizada e en estertores do mesmo e si hai unha administración non democrática son as deputacións onde se sigue a participar.

O mantra da administración máis próxima á cidadanía é nada máis que iso un mantra, moi típico de discursos vazquistas ou abelistas. En todo caso as institucións europeas ou as locais, estatais ou nacionais, son o que son e serven para o que serven. En tempos de crise sistémica como os que vivimos para amosar que existen alternativas posíbeis.

A fronte máis ampla que vai a presentarse nestas europeas vai ser a fronte de apoio a Alexis Tsipras que encabeza unha alianza onde estará Siryza, Front de Gauche, Die Linke, Bloco, PCP, SEL, … e no Estado IU, Chunta, Batzarre, Iniciativa Socialista,… e cun suxeito político galego (os partidos de AGE: Anova, EU, Espazo); un suxeito catalá (ICV-EUiA) e un suxeito vasco (Esker Anitza-Iratzarre).

O demais literatura xustificativa.

Son anticapitalista pero "que hay de lo mio"

A crise da esquerda é global, non so española e/ou galega (e dura, senón 150 anos coma penso eu, alúmenos, desde os anos previos á caída do muro de Berlín). O panorama no estado non é diferente ao que hai en Italia ou Francia. Non se resolven as carencias epistemolóxicas, programáticas, metodolóxicas,... nun ano e menos nunhas eleccións.

A esquerda non tocou fondo e aínda estamos no ciclo de auxe do pensamento reaccionario neste episodio de crise sistémica na que vivimos e imos seguir vivindo durante bastante tempo.

Iso non quere dicir que quedemos paralizados ou non fagamos todo o posible para construír espazos unitarios como algúns levamos tempo intentando, pero con voluntarismo non se resolve a cuestión.

Creo que o mellor que se pode facer é o que estamos a facer, desde o proceso de experimentación e aprendizaxe colectiva, tender pontes coas outras esquerdas, facilitar as resistencias sociais e construír un partido forte da esquerda galega renovadora nas súas ideas e tamén na súa organización, ... e sobre todo pensar na xente que esta a sufrir.

Moito discurso anticapitalista pero cando chegan as eleccións todos a pelexar por un posto institucional ben sexa no que xa existe ben sexa construíndo plataformas ad hoc. Algunhas persoas decidimos poñer en marcha Espazo Ecosocialista, desde abaixo de verdade sen máis recursos económicos que os dos nosos petos e o noso tempo, coa convición de que era diso do que se trataba. Case tres anos despois aquí seguimos a pesar de non ter representación institucional. Dubido que algunhas desas plataformas ou grupos da ‘novisima’ esquerda senon obtiveran representación perviviran nin tan sequera tres minutos.

É momento de converxencias porque son tempos de sufrimento e angustias persoais, pero tamén é hora de empezar a pensar estratexicamente e non so no día a día.

Separemos o grao da palla. As persoas que queren construír unha forza renovadora da esquerda nacional miren cal é o mellor instrumento desde onde facelo e se cren que ningún dos existentes vale, constrúan outro, pero non só para unhas eleccións.

Información adicional