Coalicións, sumas e restas
- Detalles
- Categoría: Sen categoria
- Publicado o Luns, 09 Abril 2018 20:24
“Cero máis cero, máis cero, cero patatero” (Manuel Fraga, 1997.- a propósito da coalición PSdG-PSOE/EU-EG/Os Verdes)
Xoán Hermida
En marzo de 2014, IU, ICV, AGE, Chunta Aragonesista e outras forzas menores constituíron a coalición para ás eleccións europeas Esquerda Plural. Naquel momento Pablo Iglesias foi convidado a participar e con moito acerto anunciou a candidatura de Podemos baixo o principio de que a unidade popular “era a suma de persoas e non a suma de siglas” e que as coalicións impedían a participación democrática en primarias. Nada que engadir.
España como problema, Catalunya como solución?
- Detalles
- Categoría: Sen categoria
- Publicado o Martes, 26 Setembro 2017 23:17
Xoán Hermida
Cando se iniciou por parte da sociedade civil catala o movemento de autodeterminación, tras o proceso fracasado da vía de reforma estatutaria para modificar as relacións de Catalunya con España e de paso forzar unha vía federalizante no estado, dúas foron as lecturas que del se fixeron. Unha en clave de democracia radical a outra en clave exclusivamente nacionalista.
As forzas, e as análises, que a interpretaban na primeira das claves concibiron o conflito catalán como un movemento máis, de seguro o máis importante, dentro do esgotamento do modelo constitucional do 78 e polo tanto, ao igual que o facía o 77% do electorado catalán, tratábase de dar unha resposta catalanista e democrática, de carácter transversal, que tiña unha dobre característica e un efecto engadido. A dobre característica era a reivindicación dunha nova interpretación democrática, co dereito a decidir como elemento forza, á vez que construír unha nova relación entre Catalunya e España non en base á subordinación ‘autonómica’ senón de relación de soberanía entre dous estados iguais (concretárase despois a mesma nun modelo federal, confederal ou de dous estados independentes). O efecto engadido sería que este movemento funcionaría como efecto dominó nun proceso constituinte en todo o estadoaberto simbolicamente polo 15M.
Aquel 15 de xullo, este 15 de xullo
- Detalles
- Categoría: Sen categoria
- Publicado o Xoves, 06 Xullo 2017 22:56
Xoán Hermida
Cando o 15 de xullo de 2014 lanzábase o manifesto da Marea Atlántica, moitas activistas de diferentes cidades e vilas galegas recibíamos o chamado como propio, coa mesma ilusión que poucos anos antes recibiramos ao 15M, e coa esperanza de que servira de impugnación total ao xeito de construír a política desde os partidos.
A calor daquel manifesto naceron novas mareas (non moitas como se di, pero unhas cantas). Os partidos, que ata ese momento se encargaran de marcar os marcos xeográficos do movemento de cambio (espazo AGE), foron arrastrados polo efecto Podemos e foron aceptando, non con moita convicción, ás novas dinámicas.
Sondaxe acerta, La Voz de Galicia varre para casa
- Detalles
- Categoría: Sen categoria
- Publicado o Sábado, 20 Mai 2017 00:36
Xoán Hermida
A ausencia dunha alternativa xornalística de país ten convertido ao longo dos anos a La Voz de Galicia no xornal que o vertebra, marca as axendas e mesmo condiciona – máis de xeito simbólico que real – a actuación dos partidos políticos.
Cada vez que La Voz de Galicia toma a iniciativa, como no caso que nos ocupa demostrando que é o único medio que ten a capacidade para facer unha sondaxe do ‘estado da nación’ –lembrar que na recente enquisa de Sondaxe hai unha parte que se publica pero outra non menos importante que non se publica e ten outros fins non exclusivamente xornalísticos- xorden dúas tendencias:
Primarias abertas na Marea
- Detalles
- Categoría: Sen categoria
- Publicado o Mércores, 17 Mai 2017 23:46
Xoán Hermida
Vivimos tempos de sufrimento e de ilusión.
Tempos nos que unha parte importante da nosa poboación non ten posibilidades de chegar a fin de mes e esta a padecer as consecuencias das políticas de recortes e de austericidio, mentres que outro sector que pensou que o seu modelo ‘feliz’ de vida e consumo era irreversible observa como o seu soño queda enterrado baixo os cascallos do estoupido de diferentes burbullas especulativas.
Galicia, o noso país, estámolo perdendo, escapa das mans, sen que os nosos gobernantes atendan a chamadadun ecosistema que se esboroa, dunha mocidade que ten que saír do país para traballar en condicións de dignidade mínima ou duns sectores produtivos estratéxicos que van esmorecendo.