A saida da encrucillada

Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

A Saida da encrucillada;  Obencomún, 2021

Sacauntos Cooperativa Gráfica

DL: C 658-2021

ISBN: 978-84-123275-6-4

 

libro 2

 

A Saída da Encrucillada. Epitafio para a 'nova política' en Galicia no marco da pandemia antidemocrática; aborda as contradicións de nacemento, incluídos erros tácticos e apostas estratéxicas, que determinaron a (auto) destrución das novas estruturas de intervención política nun breve período de tres anos, como antesala do que posteriormente está a ocorrer a nivel estatal.

Con esta nova publicación Xoán Hermida pecha a súa triloxía dedicada a analizar a influencia en Galicia do que se deu en chamar 'nova política'. Se (Re)construír a esquerda nacional (ObenComún, 2013) abordaba o proceso de xestación de AGE como primeira experimentación tras a ruptura da estrutura de partidos existente desde o final da transición, e Galicia na encrucillada da nova política (Galaxia, 2018) analizaba todo o proceso de desenvolvemento das novas estruturas de intervención política nunha nova etapa impulsada polos movementos sociais, este último titulo aborda o fracaso político de En Marea a calor das contradicións internas e as limitacións estruturais da chamada ‘nova política’.

A Saída da Encrucillada é o quinto titulo publicado polo foro de renovación política OBenComún e é o cuarto libro de autor de Xoán Hermida. O libro esta prologado por Joám Lopes Facal

“A onda democrática que alimentou a breve primavera democrática galega de 2012-2015 tivo o seu antecedente no movimento por umha democracia real que eclodiu sem prévio aviso no 15 de maio de 2011 na Porta do Sol de Madrid, multiplicado instantaneamente por toda Espanha na demanda de mudanças drásticas na forma de fazer política e na vindicaçom de democracia real, participaçom e políticas públicas. O tédio e fastio semeados pola degeneraçom senil da partidocracia instalada rebentou de improviso activando um segmento social com forte presença universitária e avezada prática digital, sem perspectiva de trabalho e impregnado de umha cultura inconformista desdenhosa com a ordem estabelecida e o rito desvalorizado do voto períódico. Foi um autêntico kairós político tam imprevisível e intenso como fugaz.

Vinte anos depois, em 2021, aquele kairós político que agitou praças e consciências parece ter entrado num melancólico tempo póstumo onde as demandas de democracia real e imediata ficam abafadas nessa melancólica síndroma do tempo baptizada pola OMS como fadiga pandémica: depresom, ansiedade, melancolia, isolamento; medo ao futuro.”

Joám Lopes Facal. Do prólogo do libro

“A conceptualización da ‘nova política’ ten que ver coa crise de representatividade, expresada durante o 15M, que ven a conectar co nacemento de novas identidades que se substancian simbolicamente no movemento dos indignados. Novas identidades que apuntan novos paradigmas de referencias políticas.

Lamentablemente, pasados os primeiros momentos de euforia, a corporeidade partidaria do movemento, lonxe de asentarse nesas novas referencias, reescríbense sobre parámetros continuistas. Construír algo diferente con pensamentos do pasado ten os seus riscos. Non todas as sumas suman se non se acerta na fórmula; aumentan as posibilidades de perder a centralidade do taboleiro político; e existe unha tendencia, case imperceptible, de perder o relato fresco do cambio democrático por volver ao tradicional e limitado do eixe esquerda-dereita, que só favorece en última instancia a volta á orde bipartidista.”

Xoán Hermida González. Da introdución do libro