Adeus ás armas

  • imprimir
Share in Chuza!Share in DoMelhorLa TafaneraShare in ZabalduShare in AupatuShare in MenéameShare in TuentiDigg it!Share in FacebookTweet it!Share in Cabozo

Adeus ás Armas: Que foi do pacifismo; VV.AA. OBenComún, Decembro 2022

Licencia de Creative Commons  Licenza Creative Commons

 DL: C1946-2022 | ISBN: 978-84-09-46493-7

Impresión: Tórculo Artes Gráficas; Coordinación: Manuel Dios Diz; Edición: Xoán Hermida / Patricia de la Fuente

 Portada AasA - final ok 3

 Ver o artigo de Xoan Hermida para o libro "Adeus ás Armas" pdf20_anos_do_nacemento_da_Cidadanía_Global

Adeus ás armas: Que foi do Pacifismo? aborda as presenzas e ausencias do movemento polas Paz nun momento de crecente confrontación e carreira armamentista. A invasión de Ucraína, a diferenza da invasión de Iraq, non ten xerado unha forte mobilización na rúa. Se durante a guerra de Iraq foi a cidadanía global quen protestou pola mesma, nesta guerra de Ucraína existen silencios incomprensibles. De aí o titulo do libro “Que foi do pacifismo?”

Trátase dunha obra coral na que participan 21 autores/as que pola súa traxectoria desde a investigación, a educación ou o activismo pola Paz, son referenciais en Galicia e en España, e noutros territorios.

Federico Mayor Zaragoza, Jordi Armadans, Manuel Barbeitos, Ana Barrero, José Antonio Binaburu, Irene Comins, Manuel Dios, Jonan Fernández, Lourenzo F. Prieto, Tica Font, Emilio Grandío, Rafael Grasa, Xoán Hermida, Joám L. Facal, Carmen Magallón, Karen Marón, Manuela Mesa, María Oianguren, Pere Ortega, José Manuel Pureza, Guillermo Solarte.

Adeus ás armas: Que foi do Pacifismo? é o sexto titulo publicado polo foro de renovación política OBenComún. A coordinación do mesmo correu a cargo de Manuel Dios Diz. O libro esta prologado por Federico Mayor Zaragoza.