Aquel 15 de xullo, este 15 de xullo

 Marea Sioux

Xoán Hermida

Cando o 15 de xullo de 2014 lanzábase o manifesto da Marea Atlántica, moitas activistas de diferentes cidades e vilas galegas recibíamos o chamado como propio, coa mesma ilusión que poucos anos antes recibiramos ao 15M, e coa esperanza de que servira de impugnación total ao xeito de construír a política desde os partidos.

A calor daquel manifesto naceron novas mareas (non moitas como se di, pero unhas cantas). Os partidos, que ata ese momento se encargaran de marcar os marcos xeográficos do movemento de cambio (espazo AGE), foron arrastrados polo efecto Podemos e foron aceptando, non con moita convicción, ás novas dinámicas.

Ler máis...

Sondaxe acerta, La Voz de Galicia varre para casa

 arbore

Xoán Hermida

A ausencia dunha alternativa xornalística de país ten convertido ao longo dos anos a La Voz de Galicia no xornal que o vertebra, marca as axendas e mesmo condiciona – máis de xeito simbólico que real – a actuación dos partidos políticos.

Cada vez que La Voz de Galicia toma a iniciativa, como no caso que nos ocupa demostrando que é o único medio que ten a capacidade para facer unha sondaxe do ‘estado da nación’ –lembrar que na recente enquisa de Sondaxe hai unha parte que se publica pero outra non menos importante que non se publica e ten outros fins non exclusivamente xornalísticos-  xorden dúas tendencias:

Ler máis...

Apuntes urxentes sobre a primeira crise da nova política

15m cat 3 2

 Xoán Hermida

O episodio de cambio deconstituínte/constituinte que estamos a vivir tivo as súas primeiras sinais claras no inicio da década anterior coincidindo coa fisura na placa tectónica nacional vasca e catalá (Plan Ibarretxe, Estatùt de Catalunya) e coas mobilizacións de Non a Guerra! e do Nunca Máis, e ten o seu arranque simbólico no 15M.

É o 15M o que referencia unha urxencia e a súa vez a necesidade dunha nova expresión política, nin AGE primeiro, nin Podemos despois, con ser froito dese contexto, son os elementos enmarcadores do novo tempo. De existir un interface aproximado ao que quería expresar o 15M esas son as iniciativas de unidade popular municipal que tiveron a súa concreción en algunhas plataformas e Mareas nas municipais do 2015.

Ler máis...

A contenda pola nova democracia continúa despois das autonómicas

baixada de persiana

 Xoán Hermida

Pasados xa uns días desde as eleccións autonómicas e tras achegarme a diferentes interpretacións, na maioría dos casos descontextualizadas do período de ‘cambio de orde’ no que estamos inmersos, observo entre atónito e perplexo como a moitas das voces so intentan sacar rédito político de parte dun análise que por forza é complexo, aínda que para iso asuman o relato dominante que nos venden os medios empresariais de comunicación.

Existen nestas eleccións dous vencedores, PP e En Marea, e dous grandes derrotados (co permiso de Ciudadanos), PSOE e BNG.

Entre os vencedores e derrotados existen, non obstante, disfuncións con respecto á concreción do novo status que lle corresponde xogar a partir de agora a cada quen.

Ler máis...