A grandeza da miseria
- Detalles
- Publicado o Venres, 25 Outubro 2024 17:05
Primeiro pensei, alo polo 2016, que o problema era Podemos. Avanzado o 2018 xa creia que a chamada "nova política" era algo tóxico para a democracia. Hai uns anos, despois dunha, por momentos dura, revisión do que eran os meus pilares ideoloxicos máis firmes, atrevinme a cruzar o Rubicón e poñer en cuestión moitas das ideas prefixadas dunha esquerda desnortada desde hai anos. Fun dos primeiros en escribir libros e artigos sobre o fin da 'nova política' (do 2021 é esta poesia que acompaño).
Pero hoxe, ainda impactado coas novas que chegan, nunca puiden imaxinar que o epílogo da esquerda populista poderia chegar a ser tan patético, miserable, cutre, inquisitorial e ridículo. E todo eso, no marco dun auxe de posicións extremistas antidemocráticas en ambos lados e unha esquerda que hai tempo renunciou a ser transformadora e unha socialdemocracia que se deixou arrastrar polo populismo que debería combater.
A grandeza da miseria
- Cada día sonme máis estraño.
- Obsérvome e de seguro,
- non me recoñezo no pasado,
- non confío sequera no futuro.
- Non acado a entender que amparou
- a grandeza daquela miseria
- que un tempo nos abraiou.
- Un día decidín apartar cousas,
- ao día seguinte apartar persoas.
- Finalmente apartei aquelas ideas
- que nun tempo pareceron liberadoras.
- Non acado a entender que amparou
- a grandeza daquela miseria
- que un tempo nos abraiou.
- Cada día obsérvome máis escéptico.
- Intento saber que foi do que participei,
- en que momento converteuse en estafa
- aquilo no que algún día me impliquei.
- Non acado a entender que amparou
- a grandeza daquela miseria
- que un tempo nos abraiou.
- O día que intentei saber
- cal fora o momento no que a aposta
- por un soño da razón produciu monstros;
- non fun quen de atopar resposta.
Primavera de 2021. Xoán Hermida