In memorian
- Detalles
- Publicado o Venres, 19 Xullo 2013 19:10
Morreu Geluco!
Con el vaise un dos últimos resistentes que nunca mirará a terra prometida.
Coñecín a Geluco hai 20 anos, na mesma época que coñecín a Camilo, cando me colei pola porta lateral da coalición UG-EU, un dos seus grandes acertos.
A pesar do fracaso da coalición UG-EU representou a primeira experiencia de transversalidade da esquerda nacional na convivencia entre a esquerda nacionalista e a esquerda estatalista.
Despois con restos do naufraxio estivemos intentando abrir un espazo político e electoral a EU-EG onde confluímos aqueles persoas que non estabamos dispostas a apostar a cabalo gañador.
Houbo uns anos, aqueles do grupo parlamentar de EdG/Os Verdes, nos que con Xosé Manuel Pazos, pasabamos xuntos horas e horas, desde a maña ata a noite, de traballo pero tamén de intelixente conversación nun espazo sempre cheo de fume do tabaco.
As ilusións depositadas naquel experimento pronto se converteron en ‘cul de sac’ e os nosos camiños diverxeron.
Volvémonos a encontrar algunha vez, a última nun debate da Editorial 2.0 onde el non acreditaba na posibilidade de vertebrar novos espazos políticos. Lamento que el que tanto batallou pola construción dunha esquerda nacional non confiara xa na súa construción.
Con el vaise un dos mellores oradores, o último eurocomunista e un gran conversador. Ata sempre amigo.
http://www.crtvg.es/informativos/anxo-guerreiro-estaba-considerado-un-dos-referentes-da-esquerda-en-galicia-628557