Días de resurrección

alas 2

 

Quizais sexa porque está próxima a data que te indica que o tempo pasa inexorablemente, quizais porque ultimamente encontreime con persoas con sensibilidades vulneradas ou quizais, simplemente, porque a presenza do inferno está sempre roldando, déuseme por escribir estas notas de orientación dunha cartografía que nun momento tiven que cruzar.

Desde a adolescencia sempre se me achegaron, ou me acheguei - iso nunca se sabe-, persoas coas súas emocións sacudidas e cos seus sentimentos feridos. Moitas veces pregunteime o por que. Sería eu unha especie de imán para esas persoas? ou simplemente sería unha delas? (en realidade todos somos ‘unha delas’)

Os que nalgún momento das nosas vidas temos caído algunha vez aos infernos sabemos que todo o que se di desa experiencia -ansiedade, pánico, angustia, medo, ...- son verdade, pero non se pode chegar a comprender a dimensión real senón se ten vivido.

Ler máis...

Desconexión

baixada de persiana

 

Ao rematar a xira de presentación do meu último libro A Saída da encrucillada quero agradecer aos que me acompañástedes nas distintas presentacións, tamén aos que non puideches acompañar pero manchédesme azos e cariños.

Este foi o meu libro máis difícil, non so porque ao pechar unha triloxía pechaba un período intenso da miña militancia política senón porque tamén servía para pechar un concepto de vida que iniciei con apenas 13 anos. Quizais a miña 'expulsión' de ERGA aos 15 xa debeu ser un aviso de que non sempre estaba onde debía estar.

Ler máis...

A encrucillada do labirinto [*]

escaparate

[*] Crónica e notas da xira de presentación de ‘Galicia no labirinto da nova política’

 

Xoán Hermida

O tempo político quixo que a xira de presentación do libro ‘Galicia no labirinto da nova política’ coincidira nun momento no que o debate do urxente volveu superar o debate do importante; pero un non elixe as circunstancias que rodean o análise social, nin este se dá nun laboratorio illado.

Estamos nun episodio de múltiples cambios: históricos que afectan ao esgotamento dun modelo democrático e a procura doutro, sociolóxicos que inciden nos modelos de representatividade e as transformacións no mesmo, politolóxicos que afectan ao paradigma sobre o que se vertebrou a acción social e institucional nas últimas décadas.

Un episodio que por forza vai ser longo e complexo pero que, en todo caso, non pode eludir o debate concretos dos acontecementos que rodean o día a día.

Ler máis...

Desta Galaxia

Galicia no labirinto da nova poliìtica Página 1

DESTA GALAXIA. Non podo imaxinar para un ‘galego de cidadanía’ unha maior honra na súa vida que formar parte do universo da Editorial Galaxia. Grazas por abrirme a porta e en especial a Francisco Castro por ser o mellor anfitrión.
No libro “Galicia no labirinto da nova política” achego ao lector unha cartografía definida de como foi o transito de actores colectivos e individuais de Galicia desde a vella á nova política, unha análise de aqueles aspectos novidosos e tamén daqueles reactivos que se converteron en rémoras para a súa consolidación, e, coma non podía ser doutro xeito, unha valoración crítica do momento actual e das trampas nas que no futuro, cada día máis incerto, se están a enredar os movementos do cambio.
Desde a semana próxima poderedes atopalo nas librarías, e en setembro faremos xira para partillar coas amigas e amigos debate, ilusións e desilusións dun tempo que afortunadamente tocounos vivir.

A quen corresponda

No ano 2011 moitas activistas sociais, algúns mesmo que noutra etapa participaramos en partidos e estabamos desencantados, reincorporándonos á política coa ilusión dun tempo novo que se abría na dignidade das prazas.

Creamos interfaces novos, distintos como diversa era a visión que tiñamos do mundo e do noso país, construímos o primeiro espazo de colaboración transversal no nacional e no social con AGE, observamos con impotencia como esa experiencia fracasaba pero aprendimos e puxemos en marcha candidaturas de unidade popular gañadoras e cidadáns. Despois vimos como os aparatos dos partidos que miraran con desconfianza esas Mareas se apropiaban do patrimonio simbólico das mesmas. A pesar diso votamos a En Marea por responsabilidade nunhas xerais decisivas e puxémonos a construír Mareas en Común para trasladar ao nacional os nosos modelos locais. Faltounos tempo e transacionamos a refundación dunha En Marea que asumía a interpretación teórica das Mareas a cambio de ceder nunha marca xa coñecida e duns mecanismos non de todo participados.

Ler máis...