• Ir ao contido
  • Ir á navegación principal e á identificación

Ver busca navegación

Navegación

Buscar

  • O arraiano
  • Urbi et orbi
  • Apostillas
  • Publicacións
  • Artigos
  • Multimedia
  • Guía de uso
Vostede está aquí: Home

O sitio

  • Inicio
  • Artigos
  • Ligazóns
  • Contacto

Un proxecto nacional cunha proposta para un estado [en tránsito]

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Domingo, 17 Febreiro 2019 12:07

en marea atril

Xoán Hermida

O estado (español) asiste a un episodio de tránsito (con características constituíntes) atravesado por un esgotamento do seu modelo político e un violentamento do seu armazón xurídico que indica con claridade unha crise democrática de gran calado e difícil resolución.

Esta é unha realidade que algunhas das forzas políticas progresistas esquecen con moita frecuencia, asentadas en análises e estratexias máis propias dunha contenda clásica asentada nun predominante eixo esquerda-dereita propia dunha realidade de estabilidade institucional. O máis curioso do caso é que entre esas forzas políticas algunhas mesmo naceron á calor da orfandade de representatividade que medraba arredor da crise democrática.

Asistimos a unhas eleccións xerais anticipadas que apuntan á apertura dunha etapa distinta no marco dese episodio de tránsito. Etapa que polos erros da esquerda, en xeral, e das forzas do cambio, en particular, todo apunta que vai estar dominada por forzas involucionistas (na formulación política) e reaccionarias (nas propostas programáticas).

Ler máis...

A segunda desafección

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Xoves, 13 Setembro 2018 11:13

Xoán Hermida

«M'han esgotat políticament i personalment», foi a expresión utilizada por Xavier Domènech na súa renuncia a todos os cargos institucionais e orgánicos, que non á política.

Máis aló das motivacións políticas e persoais, que seguramente nunca coñeceremos na súa integridade, a renuncia de Domènech é un síntoma. Un elemento simbólico nunha cadea de feitos que debera preocupar aos dirixentes dunha nova esquerda que viña a substituír na centralidade á vella esquerda socialdemócrata e vai, cada día que pasa, parecéndose máis a aqueloutra que ben por  radicalismo ideolóxico ou por acomodarse ao statu quo, conformábase con ser a muleta accesoria no marco dun predominante eixo esquerda-dereita que só favoreceu a construción, e hoxe a reconfiguración, do bipartidismo.

Observo no último tempo cansanzo e desilusión de activistas que confiaron nas forzas do cambio, ben nuns casos reincorporándose despois dun tempo de refuxio nos movementos sociais, ben noutros asumindo por vez primeira un compromiso político na medida que eran seducidos por promesas de poder facer política de xeito máis laico no propositivo, menos corporativo no orgánico e radicalmente democrático no marco do compromiso ético.

Ler máis...

Partido, nin instrumental

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Sábado, 18 Agosto 2018 11:03

Xoán Hermida

Agora que as partes (os partidos non instrumentais) xa se están a desfacerse de todo rasquizo do 15M que lles podía quedar e non queren saber nada de cidadanismo, a dirección de EnMarea debería tomar a iniciativa política cun proceso de reestruturación (unha especie de 'perestroika') do proxecto. O primeiro paso debería ser, fronte as xuntanzas de mercadeo cupular, incrementar a transparencia que se veu exercendo ata agora (unha especie de 'glasnov') e, cumprimentando o acordo do segundo plenario, crear unha comisión para adaptar os estatutos en base aos principios da radicalidade democrática e con ese traballo facer unha asemblea de redefinición que situara con claridade o proxecto político e cal é a nosa estratexia de cambio (incluída a política de alianzas tras a chegada ao goberno central do PSOE).

Ao final do proceso convocar eleccións ao Consello das Mareas para ter unha dirección con capacidade política e orgánica que poida abordar un tempo difícil onde se vai pretender procurar unha formula neobipartidista de saída á crise de modelo.

Ler máis...

A paisaxe despois da batalla

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Luns, 06 Agosto 2018 14:38

As últimas enquisas publicadas, tras a chegada ao goberno central do PSOE, veñen a apuntar que a disputa da hexemonía no campo simbólico da dereita vai estar rifada despois da freada en seco que a moción de censura propiciou a Cs.

No campo da esquerda a hexemonía parece decantarse máis claramente a favor do PSOE. Parece que a historia non se repite pero ten parecidos razoables, e a sombra de Anguita proxéctase sobre Iglesias cos mesmos erros no plano das alianzas e da ontoloxía de a quen querer representar, e sobre todo un dato definitivo: pasar en pouco tempo de ser o líder mellor valorado ao peor valorado, mesmo entre os seus votantes.

Ler máis...

Máis artigos

  1. Coalicións, sumas e restas
  2. España como problema, Catalunya como solución?
  3. Aquel 15 de xullo, este 15 de xullo
  4. Sondaxe acerta, La Voz de Galicia varre para casa
  5. Apuntes urxentes sobre a primeira crise da nova política
  6. A contenda pola nova democracia continúa despois das autonómicas

Páxina 4 de 16

  • Comezo
  • Prev
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte
  • Fin

gecos cadro 

logo ForoOBC

Xoán Hermida

Analista político. Historiador e Doutor en Xestión Pública. Director do Foro OBenComún. Fundador de Amarante Setem.

Con varios obras de autor e colectivas cabe destacar a triloxía editada sobre a nova política en Galicia: [Re]construír a esquerda nacional (OBenComún, 2013); Galicia no labirinto da nova política (Galaxia, 2018) e A saída da encrucillada (OBenComún, 2021).

pdfCurriculum_Xoan_Hermida

Youtube

logo youtube

Feito por Joomla!®