• Ir ao contido
  • Ir á navegación principal e á identificación

Ver busca navegación

Navegación

Buscar

  • O arraiano
  • Urbi et orbi
  • Apostillas
  • Publicacións
  • Artigos
  • Multimedia
  • Guía de uso
Vostede está aquí: Home Sen categoria Non hai máis cego que o que non quere mirar

O sitio

  • Inicio
  • Artigos
  • Ligazóns
  • Contacto

Apuntes urxentes sobre a primeira crise da nova política

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Sábado, 18 Febreiro 2017 00:59

15m cat 3 2

 Xoán Hermida

O episodio de cambio deconstituínte/constituinte que estamos a vivir tivo as súas primeiras sinais claras no inicio da década anterior coincidindo coa fisura na placa tectónica nacional vasca e catalá (Plan Ibarretxe, Estatùt de Catalunya) e coas mobilizacións de Non a Guerra! e do Nunca Máis, e ten o seu arranque simbólico no 15M.

É o 15M o que referencia unha urxencia e a súa vez a necesidade dunha nova expresión política, nin AGE primeiro, nin Podemos despois, con ser froito dese contexto, son os elementos enmarcadores do novo tempo. De existir un interface aproximado ao que quería expresar o 15M esas son as iniciativas de unidade popular municipal que tiveron a súa concreción en algunhas plataformas e Mareas nas municipais do 2015.

Ler máis...

A contenda pola nova democracia continúa despois das autonómicas

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Venres, 18 Novembro 2016 00:18

baixada de persiana

 Xoán Hermida

Pasados xa uns días desde as eleccións autonómicas e tras achegarme a diferentes interpretacións, na maioría dos casos descontextualizadas do período de ‘cambio de orde’ no que estamos inmersos, observo entre atónito e perplexo como a moitas das voces so intentan sacar rédito político de parte dun análise que por forza é complexo, aínda que para iso asuman o relato dominante que nos venden os medios empresariais de comunicación.

Existen nestas eleccións dous vencedores, PP e En Marea, e dous grandes derrotados (co permiso de Ciudadanos), PSOE e BNG.

Entre os vencedores e derrotados existen, non obstante, disfuncións con respecto á concreción do novo status que lle corresponde xogar a partir de agora a cada quen.

Ler máis...

Primarias abertas na Marea

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Mércores, 17 Mai 2017 23:46

 Lilya-Brik PLYIMA20150325 0031 4

 Xoán Hermida

Vivimos tempos de sufrimento e de ilusión.

Tempos nos que unha parte importante da nosa poboación non ten posibilidades de chegar a fin de mes e esta a padecer as consecuencias das políticas de recortes e de austericidio, mentres que outro sector que pensou que o seu modelo ‘feliz’ de vida e consumo era irreversible observa como o seu soño queda enterrado baixo os cascallos do estoupido de diferentes burbullas especulativas.

Galicia, o noso país, estámolo perdendo, escapa das mans, sen que os nosos gobernantes atendan a chamadadun ecosistema que se esboroa, dunha mocidade que ten que saír do país para traballar en condicións de dignidade mínima ou duns sectores produtivos estratéxicos que van esmorecendo.

Ler máis...

En realidade sempre houbo un único proceso

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Publicado o Mércores, 17 Mai 2017 23:35

Mareas

Xoán Hermida

O actual alcalde de Compostela, a súa vez unha das voces mais respectadas no ámbito do que poderíamos chamar esquerda nacional, Martiño Noriega, afirmaba, hai uns días, nunhas declaracións que non ‘nos podíamos permitir dous procesos de confluencia’.

Non creo que ninguén, a non ser que teña escuras intencións, poida estar en desacordo con Martiño Noriega na necesidade de que o espazo que hoxe representa política e socialmente o movemento de ruptura democrático deba concorrer unido, e non dividido en dúas candidaturas, aos próximos procesos electorais.

Non obstante, creo que nunca houbo máis que un único proceso.

Ler máis...

Máis artigos

  1. As Mareas recoñécense nas novas dinámicas
  2. Retomar a senda das primaveras árabes
  3. Apuntamentos de urxencia a propósito da candidatura de cambio para as xerais
  4. Vellos partidos, notables caducos e cidadanismo low cost
  5. Os partidos políticos e a Unidade Popular
  6. A desaparición das deputacións non pode esperar

Páxina 6 de 16

  • Comezo
  • Prev
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte
  • Fin

gecos cadro 

logo ForoOBC

Xoán Hermida

Analista político. Historiador e Doutor en Xestión Pública. Director do Foro OBenComún. Fundador de Amarante Setem.

Con varios obras de autor e colectivas cabe destacar a triloxía editada sobre a nova política en Galicia: [Re]construír a esquerda nacional (OBenComún, 2013); Galicia no labirinto da nova política (Galaxia, 2018) e A saída da encrucillada (OBenComún, 2021).

pdfCurriculum_Xoan_Hermida

Youtube

logo youtube

Feito por Joomla!®