En boas mans

“É no concreto onde se atopa a xente e o amor, o abstracto é campo aboado para o cinismo e a demagoxia”

EN BOAS MANS. Hai días nos  que as decisión que tes que tomar de urxencia coinciden con outras xa reflexionadas. Unhas e outras obrigante a optar entre caer no nihilismo ou por reconfortarte na colaboración para a mellora da vida dos que te rodea.

Poucos días despois das eleccións municipais escribín un desafogo: “a marea que nunca existiu” [1] . Desde aquela, hai dous anos, moito teñen mudado as cousas. Dúas eleccións xerais e unha autonómicas, así como algunha sondaxe propia e estraña, coinciden en anotar o crecemento electoral de Marea Pontevedra.

Pero o máis importante non é iso, que aínda que parece unha tendencia asentada pode ser reversible. O que non parece reversible é a capacidade das xentes da Marea Pontevedra de sobrepoñerse as circunstancias máis adversas, xente brava e honesta disposta a manter o rumbo da crítica necesaria do corazón pero á vez da alternativa propositiva da cabeza. Xente que cre na verdadeira irmandade das comúns e non na falsa dicotomía dos intereses das tribos.

Durante estes tres anos que tiven a sorte de coordinar este grupo non parei de sorprenderme da súa xenerosidade. Soamente así se explica que semana tras semana, durante 36 meses un núcleo estable de máis de 20 persoas se xunte no debate democrático primeiro e na acción de rúa despois.

Hoxe toca deixar que sexa outra persoa quen coordine ao grupo. Ninguén se nos ocorre mellor que a nosa Peque para tal obxectivo. O seu reto é enorme pero de seguro que a tripulación desta embarcación arriba a bo porto.

O relevo foi natural, todas nos recoñecemos en Peque. Ela  non é nin da terceira nin da cuarta internacional a pesar de ser unha construtora dun mundo en común. Ela non é do nacionalismo ideolóxico nin do galeguismo morno a pesar de pertencer á estirpe dos conforman a  santa compaña da nación (que anunciaba o Alba de Gloria). Ela é o espírito da nova política, sen adxetivizacións. O que Marea Pontevedra quere ser.

Por iso onte todas, sen excepcións, a votamos para que asuma o timón, sabendo que vai ser mellor timonel que o anterior.

Eu sigo confiando nesta xente e ao pasar a testemuña o fago consciente de que é necesario. Que o mellor esta por vir e que quedamos nas mellores mans.

[1] http://www.xoanhermida.eu/index.php?option=com_content&view=article&id=158:a-marea-que-nunca-existiu&catid=9:uncategorised&Itemid=464

"Que hay de lo mio"

QUE HAY DE LO MIO. A crise da esquerda é global, non so española e/ou galega (e dura, senón 140 anos coma con certa ironia digo eu, alúmenos, desde os anos previos á caída do muro de Berlín). O panorama no estado non é diferente ao que hai en Italia ou Francia. Non se resolven as carencias epistemolóxicas, programáticas, metodolóxicas,... nun ano e menos nunhas eleccións.

A esquerda non tocou fondo e aínda estamos no ciclo de auxe do pensamento reaccionario neste episodio de crise sistémica na que vivimos e imos seguir vivindo durante bastante tempo.

Iso non quere dicir que quedemos paralizados ou non fagamos todo o posible para construír espazos unitarios como algúns levamos tempo intentando, pero con voluntarismo non se resolve a cuestión.

Creo que o mellor que se pode facer é o que estamos a facer, desde o proceso de experimentación e aprendizaxe colectiva, tender pontes coas outras esquerdas, facilitar as resistencias sociais e construír un partido forte da esquerda galega renovadora nas súas ideas e tamén na súa organización, ... e sobre todo pensar na xente que esta a sufrir.

Moito discurso anticapitalista pero cando chegan as eleccións todos a pelexar por un posto institucional ben sexa no que xa existe ben sexa construíndo plataformas ad hoc. É momento de converxencias porque son tempos de sufrimento e angustias persoais, pero tamén é hora de empezar a pensar estratexicamente e non so no día a día.

Separemos o grao da palla. As persoas que queren construír unha forza renovadora da esquerda nacional miren cal é o mellor instrumento desde onde facelo e se cren que ningún dos existentes vale, constrúan outro, pero non só para unhas eleccións.

Información adicional